Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Horto Infantil Ecolóxico de Carballo...

INSCRICIÓNS: ATÉ O VENRES 17 DE XUÑO

O Horto Infantil Ecolóxico de Carballo oferta un total de 124 prazas gratuítas para nenos e nenas nos obradoiros de verán

Mércores 1 de xuño do 2016

Horto Infantil Ecolóxico

Os obradoiros terán lugar no mes de xullo

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo que dirixe Xosé Regueira, abre o prazo de inscrición para as 124 prazas nos obradoiros de verán do Horto Infantil  Ecolóxico Municipal para nenos e nenas de Educación Primaria e Segundo Ciclo de Educación Infantil. Os obradoiros desenvolveranse entre o 27 de xuño e o 29 de xullo nas instalacións da rúa Nardos.

Tamén se abre o prazo de pre-inscrición para participar nas actividades do curso 2016-2017 que comezarán en setembro

En principio a actividade terá lugar en horario de mañá, dependendo do número de inscricións. Está previsto impartir dúas sesións semanais de 90 minutos, agás no caso de 4º de Educación Infantil que terá unha única sesión. Os grupos faranse por idades. Hai que lembrar que todas as actividades son gratuítas. Ademais, tamén se abre o prazo para todos os interesadas en preinscribirse para os obradoiros do curso 2016-2017 que darán comezo no mes de setembro.

As inscricións poden formalizarse:

Ligazóns

Compartir: