Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT prepara o 25 aniversario do festival...

SE CUMPRES 25 ANOS DE IDADE, DE PROFESIÓN, DE AMOR: CELÉBRAO CO FESTIVAL

O FIOT prepara o 25 aniversario do festival convidando a participar na celebración a todos os veciños e veciñas

Luns 6 de xuño do 2016

Blanca Portillo na XXIV edición do FIOT

Blanca Portillo na XXIV edición do FIOT

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo celebra a súa 25 edición o próximo mes de outubro. Un cuarto de século enchendo de espectáculos teatrais, grandes artistas e compañías de referencia o Pazo da Cultura, as rúas e os bares de Carballo. Por este motivo o FIOT lanza unha campaña de participación para as xentes de Carballo, asociacións, empresas, etc., que tamén queiran celebrar o seu propio aniversario de 25 anos de idade, de carreira, de profesión, de creación, de vivir en Carballo... co FIOT.

Sesións fotográficas no mes de xuño

A campaña realizarase a través de sesións fotográficas en Carballo con aqueles participantes que queiran colaborar durante o mes de xuño. Co material encheráse a vila coas facianas dos carballeses e carballesas que aparecerán en soportes publicitarios (carteis, postalfree, roll ups, etc.).

Se queres participar nesta acción, ou coñeces a alguén que lle poida interesar ou precisas máis información, podes poñerte en contacto no 881 964 202 ou no enderezo electrónico <asociaciontelon@gmail.com>.

Celebra os teus 25 anos co FIOT!



Galería

Compartir: