Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado o contrato de Subministro de aparatos de...

A DA ZONA BERGANTIÑOS ESTARÁ PECHADA DO 9 AO 16 DE XUÑO

Asinado o contrato de Subministro de aparatos de cardio e musculación para as salas fitness dos complexos deportivos Vila de Noia e Carballo Calero

Mércores 8 de xuño do 2016

Acto de sinatura

Un momento do acto de sinatura

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e unha representante da empresa adxudicataria do servizo, Exercycle SL, veñen de asinar o contrato de "Subministro, por renting, de aparatos de cardio, musculación e outros para as salas fitness do complexo deportivo Vila de Noia e do complexo deportivo Carballo Calero". O importe total do contrato ascende a 94.123,87 euros, co compromiso da empresa de encargarse tamén da instalación dos aparatos en cada unha das salas. A duración do arrendamento será de 48 meses a contar dende a data efectiva de entrega do subministro e o prazo de garantía é tamén de 48 meses.

A empresa proporcionará, sen custo adicional, unha cinta de correr e 150 metros cadrados de chan de goma, especial para ximnasios. O licitador comprometeuse a empregar un tempo de resposta para a asistencia técnica dunha hora a partir da comunicación. Por último, a empresa adxudicataria comprometeuse a executar as melloras, sen custo adicional para o Concello, consistentes no subministro dunha cinta de correr e no subministro e colocación de 150 metros cadrados de chan crossfit, especial para ximnasios e salas fitness, de 5 milímetros de espesor. Estas melloras están valoradas en máis de 6.000 euros.

PECHE PARA INSTALAR OS APARTOS

Con motivo da instalación dos novos aparatos, a sala fitness do complexo deportivo Carballo Calero permanecerá pechada entre o xoves 9 e o xoves 16 de xuño (os dous inclusives). Durante eses días os usuarios e usuarias poderán acudir á sala fitness do complexo Vila de Noia, agás na mañá do luns 13 de xuño, en que tamén estará pechada esta sala para que sexan substituídos os seus aparatos de musculación.

A partir do 17 de xuño volverá a normalidade á actividade das dúas salas fitness municipais cos novos aparatos xa instalados e a disposición dos veciños e veciñas. Pedimos desculpas polas posibles molestias ocasionadas mentres duren os traballos de substitución.

Compartir: