Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xa está á venda a Revista do San...

CONSTA DUNHAS 200 PÁXINAS E INCLÚE TODO O PROGRAMA

Xa está á venda a Revista do San Xoán 2016: podedes mercala no Museo de Bergantiños ao prezo de 2 euros

Luns 13 de xuño do 2016

Revista do San Xoán 2016

A revista conta con aproximadamente 200 páxinas

A Asociación Cultural San Xoán xa ten á venda a revista das festas, unha publicación que ano tras ano recolle a información máis destacada sobre as celebracións patronais de Carballo e interesantes artigos sobre o noso municipio e a comarca. As persoas interesadas poden mercar o seu exemplar no Museo de Bergantiños. O prezo é de 2 euros. O cartel de Juan Diego Ingelmo, gañador do concurso anual que convoca a comisión, ilustra a portada da publicación, que ao longo dunhas 200 páxinas debulla algúns dos aspectos máis destacados do programa, entre eles o Rockin’, o concerto de Carlos Baute ou os concursos, para os cales sigue aberto o prazo de inscrición.

Pero a diferenciación da revista do San Xoán reside nas achegas de multitude de colaboradores a través de artigos históricos, de actualidade ou sobre etnografía, de ilustracións ou de poemas. A Asociación Cultural San Xoán quere recoñecer, un ano máis, a participación desinteresada dos autores e autoras dos artigos que tanto enriquecen a publicación. Así mesmo, agradece a colaboración das empresas que fan posible que a revista poida estar a disposición dos carballeses e carballesas.

Compartir: