Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 20 olladas sobre o noso mar serven...

NO 3º ANDAR DO PAZO DA CULTURA DE 17.00 A 20.30 HORAS

Máis de 20 olladas sobre o noso mar serven para vestir de arte o San Xoán Carballés coa exposición "Mare Mágnum"

Sábado 11 de xuño do 2016

Foto de familia durante a inauguración de Mare Mágnum

Foto de familia durante a inauguración de Mare Mágnum

Un ano máis, os creadores e creadoras da Asociación Crea Formas Artísticas ofrecen o mellor do seu traballo no Pazo da Cultura. E o fan dende o venres 10 de xuño, en que arrincou a exposición colectiva "Mare Mágnum" cunha actuación e performance de Chicharrón e cos versos e verbas de Milagros Cotelo, Risé e Paco Souto ante un numeroso público. As obras serven para reflectir 23 olladas moi diferentes sobre o mar, "Mare Mágnum cheo de vida", "mar bravo e mar en calma", "mar de liberdade", "mar de vida" e "mar de norte, loito e morriña das que nel se perden". Na mostra poderedes observar creacións de disciplinas e modalidades artísticas moi diversas, con ampla maioría de pintura, pero tamén con escultura, instalacións ou mesmo fotografía.

Os integrantes de Crea Formas únense cada ano dende as Festas de San Xoán de 2008 para realizar esta mostra anual

Todos os creadores e creadoras de Crea Formas manteñen relacións profesionais e persoais, en moitos caso de amizade, que iniciaron unha colaboración máis estreita a raíz dunha exposición colectiva que tivo lugar xa no San Xoán de 2008. Dende entón, únense para realizar esta exposición anual de temática conxunta, desta volta, o mar.

O acto de apertura estivo ateigado coa presenza dos artistas responsables dos traballos, pero tamén con personas relacionadas co mundo artístico, cultural e asociativo de Carballo, coa Comisión de Festas de San Xoán e co goberno municipal. Todos eles gozaron coas notas de Chicharrón, que tiveron verbas para o desparecido ilustrador e artista Alberto Gende, que lle da nome á sala de exposicións e especialmente vinculado ao grupo ao que lle deu nome.

Aberta até o 31 de xullo

Mare Mágnum

Horario de visita: de 17.00 a 20.30 h.

Desta volta, os autores e autoras da Asociación Crea Formas e artistas convidados que participan na mostra son: Adriana Díaz, Antonio Taracido, Carmen Rojo Varela, Cristina Castro, Chiña, Emi de las Heras, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Javier Rodríguez, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Nolo Suárez, Paco Souto, Peter Kramer, Peter Schneider, Risé, Santi Picos e Teresa Candal.

O horario de visita: de luns a domingo de 17.00 a 20.30 horas na Sala de exposicións Alberto Gende do 3º andar do Pazo da Cultura.

Compartir: