Inicio Carballo ao día Hemeroteca As familias xa poden solicitar as axudas para...

O IMPORTE ASCENDE A 8.000 EUROS

As familias xa poden solicitar as axudas para financiar a participación dos seus nenos e nenas nos campamentos de verán de Carballo

Martes 14 de xuño do 2016

Escolas de Verán de Balonmán Xiria 2015

Unha das actividades das Escolas de Verán 2015

O Concello de Carballo informa de que está aberto o prazo para solicitar as "Axudas ás familias para as actividades de conciliación no verán do concello de Carballo", que poderán destinarse ao financiamento de campamentos de verán que teñan lugar no Concello nos próximos meses. O obxectivo desta liña de axudas é o de contribuír a que as familias cunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables podan afrontar os gastos derivados da necesidade de conciliar a súa vida laboral e familiar.

Cada solicitante poderá recibir un máximo de 100 euros de axuda para o financiamento dos campamentos

Para ser beneficiario destas axudas será requisito indispensable estar empadroado e ser fillo/a de nais e pais empadroados no termo municipal de Carballo, con veciñanza no municipio, e convivir co beneficiario ou beneficiaria. O crédito total destinado á concesión de axudas ás familias para as actividades de conciliación no verán no concello de Carballo no ano 2016 ascende a 8.000 euros.

As nais e pais poderán escoller de entre os campamentos de verán que ofrecen distintas entidades no termo municipal que consideren convintes para enviar aos seus nenos e nenas. Logo presentarán a factura co importe dos gastos no departamento de Servizos Sociais e poderán recibir, segundo o baremo detallado nas bases, ata un máximo de 100 euros.

Prazo: até o mércores 29 de xuño

As solicitudes para tomar parte nesta convocatoria deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente nos Servizos Sociais, na Praza do Médico Eduardo Mariño s/n), no prazo de 15 días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello. O impreso oficial facilitarase no Rexistro Xeral do Concello e nas oficinas municipais de Servizos Sociais. Xa que o anuncio foi publicado no BOB e no taboleiro do Concello o martes 14 de xuño de 2016, o prazo está aberto áte o mércores 29 de xuño.

Os interesados e interesadas poden descargar as bases ao completo, así como o impreso de solicitude, en dous documentos en pdf máis abaixo nesta mesma nova, así como ver o anuncio no BOP (Boletín Oficial da Provincia).

Ligazóns

Descargas

Compartir: