Inicio Carballo ao día Hemeroteca A concurso por máis de medio millón...

O PRAZO DE LICITACIÓN É DE 20 DÍAS NATURAIS

A concurso por máis de medio millón de euros o contrato para a Substitución de céspede artificial e equipamento deportivo do campo de As Eiroas

Mércores 15 de xuño do 2016

Campo de As Eiroas

Adestramento no Campo de As Eiroas

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, mércores 15 de xuño, o anuncio de licitación do contrato de obras de “Substitución de céspede artifical e equipamento deportivo do estadio municipal As Eiroas”, unha actuación incluída no Plan de Acción Social (PAS) 2015 da Deputación Provincial da Coruña. O prezo base de licitación do contrato é de 517.046,84 € (IVE incluído) e o prazo de execución estipulado sería de seis semanas.

A herba actual está deteriorada debido á alta intensidade de uso das instalacións e tamén pola súa antigüidade, de dez anos

O proxecto implica a substitución da herba artificial existente de case dez anos de antigüidade, e
que tivo un uso intensivo nestes anos, por unha nova alfombra de herba artificial, monofilamento, de última xeración. Aproveitarase a renovación para mellorar a base asfáltica existente, revisando as pendentes e corrixindo as que sexa necesario para facilitar a drenaxe en momentos de choiva. A superficie de herba a substituír é de máis de 7.200 metros cadrados. As instalacións de evacuación de augas pluviais e de rega mantéñense xa que se atopan en perfecto estado.

Substitución das portarías

O contrato inclúe a substitución das portarías, tanto de fútbol 11 como de fútbol 7, os banderíns de córner e os bancos. O equipamento retirado amorearase en almacéns municipais. O terreo de xogo presentará a marcaxe de fútbol 11 en cor branca e dous campos de fútbol 7 transversais en cor azul.

As empresas interesadas en participar no proceso selectivo teñen un prazo de 20 días naturais a contar a partir do xoves 16 de xuño e entre os criterios recollidos destaca a oferta económica, con ata 40 puntos, pero tamén o plan de calidade, o control ambiental ou o plan de seguridade e saúde. A licitación realizarase mediante procedemento aberto e urxente.

Ligazóns

Compartir: