Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca as subvencións para o...

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATÉ O 5 DE XULLO

O Concello convoca as subvencións para o financiamento de proxectos de actividade deportiva durante o ano 2016 por un importe de 105.000 euros

Mércores 15 de xuño do 2016

Partido de balonmán

Imaxe dun partido de balonmán

O Concello de Carballo informa de que está aberto o prazo entre o xoves 16 e o martes 5 de xullo da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento de actividade deportiva durante o ano 2016. Concederanse un total de 105.000 euros en réxime de concorrencia competitiva entre as asociacións que así o soliciten. O Concello de Carballo recoñece as funcións do deporte como elemento fundamental na formación integral e mellora da calidade de vida do cidadán e como favorecedor da cohesión social, e considérase de especial interese a actividade deportiva desenvolvida polo asociacionismo deportivo.

O prazo de solicitude estipulado é o de 20 días naturais a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia

Consecuentemente considérase necesario destinar recursos económicos á actividade de fomento, para a concesión de axudas económicas destinadas á promoción da actividade deportiva polas entidades deportivas privadas sen ánimo de lucro, que lles faciliten a consecución dos seus obxectivos, e indirectamente os do Concello de Carballo no ámbito deportivo.

Actividades: entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016

O obxecto da convocatoria é establecer as normas para a solicitude, concesión, xustificación e pagamento das subvencións que conceda o Concello de Carballo. Estas normas serán de aplicación ás convocatorias de subvencións referidas a actividades deportivas que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016. As asociacións poderán optar as seguintes convocatorias:

  • Convocatoria do programa de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento de proxectos de actividade xeral durante o ano 2016 (85.000 euros)
  • Convocatoria do programa de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento de Organización de Eventos Deportivos e actividades deportivas de carácter extraordinario durante o ano 2016 (8.000 euros)
  • Convocatoria do programa de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento de organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España durante o ano 2016 (12.000 euros)

Os interesados e interesadas poden descargar as bases ao completo (publicadas no BOP o mércores 15 de xuño de 2016), así como a folla de solicitude das subvencións, en dous documentos en pdf nesta mesma nova.

Ligazóns

Descargas

Compartir: