Inicio Carballo ao día Hemeroteca Preto de 2.000 persoas competirán o...

CUBRÍRONSE AS 1.400 PRAZAS DA CATEGORÍA ABSOLUTA

Preto de 2.000 persoas competirán o domingo 19 de xuño na carreira 10K Carballo polo circuíto urbano da capital municipal

Xoves 16 de xuño do 2016

Carreira 10k Carballo 2015 Foto: Ana García La Voz

Carreira 10k Carballo 2015 [Foto: Ana García, La Voz]

Unha vez pechado o mércores 15 de xuño o prazo de inscrición para a carreira 10K Carballo, hai un total de 1953 persoas inscritas, baténdose o récord de participantes da edición de 2015 en máis de 200 persoas (naquel entón foran 1741), e unha vez máis alcanzándose o tope, neste caso de 1.400 participantes, para a categoría absoluta. Son corredores de todos os puntos de Galicia e mesmo de fóra, que invadirán o domingo o cirtuíto urbano de 10 quilómetros que transcorre polas principais rúas da capital municipal e que está homologado pola Federación Galega de Atletismo.

Respecto das rúas polas que transcorrerá a carreira, son as seguintes:

A saída será na rúa Gran Vía e a meta estará na rúa Colón, con dúas voltas ao circuíto para completar os 10.000 metros

  • Circuíto para categorías Junior, Senior e Veteráns. Cunha distanza de 10 Km ten a seguinte folla de ruta: saída da rúa Gran Vía e meta na rúa Colón pasando en dúas voltas por Gran Vía, Vázquez de Parga, Ánxel Fole, Enrique Sánchez, Ponte da Pedra, Perú, Luis Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, Avda. de Fisterra, Río Anllóns, Río Sil, Río Lérez, Río Miño,Río Anllóns, Fomento, Camiño Novo, Vázquez de Parga, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela con iclusión de punto de avituallamento á altura aproximada do Km 5,2 na rúa Gran Vía. 
  • Circuíto para categorías Xuvenil e Cadete. Percorrerán unha distanza de 3 Km dende a saída ata a chegada completando 3 voltas do seguinte circuito: rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.
  • Circuíto para categorías Infantís e Alevíns. Percorrerán unha distanza de 2 Km en 2 voltas ao seguinte circuito: rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.
  • Circuíto para categorías Benxamíns. Percorrerán unha distanza de 800 metros en 2 voltas ao seguinte circuito: rúa Colón,Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Cervantes. 

Horarios e categorías:

Respecto dos horarios da proba para cada categoría, son os seguintes:

  • Xuvenil, Cadete: 3.000 m 10:00h. (53 inscritos)
  • Infantil, Alevín: 1.600 m 10:25h. (121 inscritos)
  • Júnior, Promesa, Senior e Veteranos: 10.000m. 11:00h. (1.400 inscritos)
  • Benxamín: 1.000 m. 12:35h. (92 inscritos)
  • Pitufo: 150 m. 12:50h. (252 inscritos)
  • Biberón: 50 m. 12:50h. (35 inscritos)

Os interesados e interesadas poden descargar nesta mesma nova o regulamento da proba, así como o mapa elaborado pola Policía Local co percorrido completo da carreira.

Sorte a todos e todas!

Ligazóns

Descargas



Galería

Compartir: