Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ampliado ata o martes 21 o prazo de...

PODEDES ANOTARVOS NO MUSEO DE BERGANTIÑOS

Ampliado ata o martes 21 o prazo de inscrición para o Concurso de Cachelas e o Descenso do Anllóns

Domingo 19 de xuño do 2016

Descenso do Anllóns 2015

Descenso do Anllóns 2015

Co obxecto de facilitar a participación, a Asociación Cultural San Xoán decidiu ampliar ata o martes, día 21, o prazo de inscrición para o Concurso de Cachelas e o Descenso do Anllóns. O Descenso do Anllóns, que cumpre 19 anos, ten como finalidade darlle protagonismo ao río Anllóns e fomentar a participación lúdica nas festas. Precisamente, as primeiras 25 embarcacións inscritas que finalicen o percorrido no tempo establecido teñen garantida unha subvención de 30 euros.

Pero haberá tamén os seguintes premios:

  • 1º Premio á embarcación máis orixinal: 300 €
  • 2º Premio á embarcación máis orixinal: 200 €
  • 3º Premio á embarcación máis orixinal: 100 €
  • 1º Premio á tripulación máis simpática: 200 €
  • 2º Premio á tripulación máis simpática: 100 €
  • Premio ás probas de habilidade: 100 € (Patrocinado por ALQUILERES RENEYMAR)
  • Premio á embarcación máis veloz: 100 € (Patrocinado por CASA FRANCISCO)
O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 250 €. Colabora Mercadona.

O martes tamén rematará o prazo para participar no Concurso de Cachelas, que acada a súa 29ª edición. Ás 20 primeiras cachelas inscritas que participen no certame e non resulten premiadas poderá corresponderlles unha axuda de entre 20 e 50 €, segundo determine o xurado en función da súa calidade. As cachelas gañadoras recibirán os premios que se sinalan a continuación, pero o xurado poderá deixar deserto algún deles se o estima oportuno:

  • 1º Premio: 600 € (aplicaráselle a retención fiscal correspondente)
  • 2º Premio: 250 €
  • 3º Premio: 175 €
  • 4º Premio: 125 €
Así mesmo, o xurado poderá outorgar accésits por un total de 150 €.

As inscricións poden realizarse o martes, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas, no Museo de Bergantiños (981 702 077).

No Museo de Bergantiños tamén segue á venda a revista do San Xoán, que pode mercarse a un prezo de 2€.

Compartir: