Inicio Carballo ao día Hemeroteca Abdelaziz Fathi e Paula Mayobre campións...

O MARROQUÍ CONSEGUIU BATER O RÉCORD DO CIRCUÍTO

Abdelaziz Fathi e Paula Mayobre campións da carreira 10K Carballo na que tomaron a saída preto de 1.500 persoas

Domingo 19 de xuño do 2016

Carreira 10k Carballo 2016

Saída da 10K Carballo o domingo 19 de xuño

O campión marroquí Abdelaziz Fathi cruzou en primeiro lugar a liña de meta o domingo 19 de xuño na carreira 10K Carballo, batendo o récord do circuito con 32'47'' e gañando a proba. En categoría feminina a campioa foi Paula Mayobre, de Ares, cun tempazo de 34'31''sacándolle máis de 4 minutos de vantaxe á segunda clasificada e con só dous segundos mais que o primeiro clasificado carballés, David Landeira, e tamén por diante da primeira carballesa.

500 participantes en categorías de base

A carreira rexistrou este ano un novo récord de participación con máis de 900 persoas rematando a proba en categoría absoluta

Despois de contar cunha inscrición de 1953 persoas, bateuse en categoría absoluta o récord de participación, que estaba rexistrado en 840 corredores e corredoras en saída e 828 chegados á meta en 2015 para acadar os 951 participantes en liña de saída dos cales remataron a proba 909 en 2016.

Ao récord de participación en categoría absoluta, hai que engadir unhas 500 participacións en categorías inferiores que sumaron case 1.500 participantes reais na carreira, que ademais congregou a numerosos veciños e veciñas que asistiron como público e para apoiar aos participantes na Praza do Concello e rúas próximas.

Deica o ano que vén e parabéns aos primeiros clasificados e clasificadas!

Compartir: