Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados por máis de 300.000 euros os...

SANTA MARTA LEVARÁ O SERVIZO DE MANTEMENTO DO CEMITERIO

Adxudicados por máis de 300.000 euros os servizos de limpeza dos bens inmobles do Concello

Luns 20 de xuño do 2016

Fórum Carballo

Fórum Carballo

A Xunta de Goberno Local reunida en sesión ordinaria vén de adxudicar, a proposta da Mesa de Contratación, o Servizo de Limpeza de bens inmobles municipais do Concello de Carballo por un importe global de 319.447 euros (IVE engadido). Os lotes incluídos son os seguintes:

Aspaber encargarase da limpeza dos edificios administrativos municipais e dos relativos a formación e oficios

  • Lote número 1, Instalacións deportivas, adxudicación á UTE Deporte Limpo Carballo, por importe de 138.823,71 € (IVE incluído) cun prazo de execución de catro anos.
  • Lote número 2, Edificios culturais e centros sociais, adxudicación a Maga Limpiezas, SL,  por un importe de 106.847,62 € (IVE incluído) cun prazo de execución de catro anos.
  • Lote 3, Edificios Administrativos, adxudicación á Aspaber SL, por un importe de 48.942,70 € (IVE incluído) cun prazo de execución de catro anos.
  • Lote número 4, Formación e Oficios, adxudicación a Aspaber SL por un importe de 24.835,84 € (IVE incluído) cun prazo de execución de catro anos.

Tamén no apartado de contratación a orde do día incluíu a aprobación da adxudicación do contrato do servizo de Limpeza de mantemento do Cemiterio municipal de Carballo e servizo de inhumación e exhumación, que recaerá en Pompas Fúnebres Santa Marta SL por un importe de 135.800 € (IVE incluído), cun prazo de execución de catro anos.

Por último outro dos asuntos da orde do día foi a luz verde para o Convenio de colaboración entra a Universidade da Coruña e o Concello de Carballo para o desenvolvemento do XII Curso de verán sobre dinaminación lingüística, Traballando en Lingua 2016, que se realizará o 6 e 7 de xullo de 2016.

Compartir: