Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 250 xogadores e xogadoras e 55...

PARTIDOS NOCTURNOS, CON ESPECTÁCULO ATÉ A MADRUGADA

Máis de 250 xogadores e xogadoras e 55 equipos danse cita entre o 1 e o 3 de xullo no primeiro torneo 3x3 Carballo

Venres 1 de xullo do 2016

Torneo de Hóckey 3x3 Carballo

Un total de 55 equipos formados por arredor de 250 xogadores e xogadoras estarán entre o venres 1 e o domingo 3 de xullo na primeira edición do Torneo 3x3 Concello de Carballo, unha auténtica festa do hóckey para comezar o mes de xullo con bo pé. Finalmente, sacáronse adiante as sete categorías do torneo, un fito importante nesta primeira edición para sentar as bases que permitan continuar celebrando esta cita co hóckey en anos sucesivos. Son sub12, sub14, sub17, absoluto, feminino, veteranos e Pro; esta última categoría con xogadores que están disputando nestes momentos a categoría nacional.

Os cracks do noso hóckey participan na cita, con equipos de dous xogadores e un porteiro enfrontándose cara a cara

De feito, un dos pratos fortes do torneo será a participación dos cracks do nóso hockey. Aínda que en Galicia unicamente temos a dous equipos competindo na élite, os xogadores animáronse e crearon os seus equipos para participar no evento. Seguro que farán as delicias dos máis pequenos e pequenas, quen non dubidarán en imitar aos seus ídolos e converterse nun futuro nas estrelas deste deporte.

Toda a finde no Pavillón Carballo Calero

Sobre a pista do Pavillón Carballo Calero, que acolle o torneo, teremos a figuras como: Jacobo Mantiñán, Willy Domínguez, César Carballeira, Fran Otero, Pablo Togores, Toni Pérez, Juan Fariza, Jacobo García, Martín Payero, Neto Barrós, Adrián Candamio, Martín Rodríguez, Pablo Cancela, Chino Miguélez, Gonzalo Pérez ou Joan Grasas.

Respecto da modalidade, será a 3×3 (un porteiro e dous xogadores contra un porteiro e dous xogadores), con partidos que o venres e o sábado poden durar até as tres da madrugada.

Non faltedes á vosa cita co mellor hóckey!

Ligazóns

Compartir: