Inicio Carballo ao día Hemeroteca O luns 4 de xullo principian as obras para...

A POLICÍA LOCAL SINALIZARÁ OS CORTES DE TRÁFICO

O luns 4 de xullo principian as obras para reordenar a circulación e mellorar a rúa Martín Herrera da capital municipal

Venres 1 de xullo do 2016

Aspecto actual da rúa Martín Herrera

Aspecto actual da rúa Martín Herrera

Está previsto que o luns 4 de xullo principien os traballos para reordenar a circulación e mellorar a rúa Martín Herrera da capital municipal. Debido ao comezo dos traballos, a Policía Local sinalizará os correspondentes cortes de tráfico, que afectarán á propia rúa Martín Herrera –entre a rúa Acalde Jacinto Amigo Lera e a rúa Gran Vía-, á rúa San José –cortada entre a Gran Vía e a Martín Herrera-, e a rúa San Xoán Bautista, -que estará cortada entre a rúa Santa María e a rúa Martín Herrera.

A Policía Local encargarse de sinalizar os cortes de tráfico e os desvíos correspondentes, aínda que o acceso estará permitido a residentes

En todos os casos a Policía Local colocará a sinalización correspondente e estará permitido o acceso a residentes. Estes cortes no tráfico rodado correspóndense coa primeira fase da actuación, e a Concellaría de Obras irá informando das variacións nas rúas afectadas polos cortes segundo avancen os traballos. O Concello pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas e prega a comprensión dos veciños e veciñas mentres duren as obras.

Preto de 300.000 euros

Os traballos de "Acondicionamento e mellora da rúa Martín Herrera de Carballo" foron adxudicados na Xunta de Goberno Local do 9 de maio por un importe total (IVE incluído) de 296.692 euros. A empresa Construcciones López Cao SL será a encargada de realizar os traballos sobre un prazo de execución de catro meses. As obras suporán a transformación da rúa nunha vía peonil, ademais da reordenación da circulación e das zonas de estacionamento.

Tamén se suma a renovación da rede de saneamento, a de pluviais e o soterramento dos servizos de electricidade e telefonía. A actuación implica tamén a colocación dun novo pavimento que permitirá unha circulación mixta, así como a eliminación do peche que rodea a igrexa parroquial.



Galería

Compartir: