Inicio Carballo ao día Hemeroteca Sons cubanos e africanos, a música...

A PRAZA DO CONCELLO VISTE DE CULTURA EN XULLO E AGOSTO

Sons cubanos e africanos, a música máis novidosa e as nosas cancións tradicionais, nun Verán Cultural no que tamén hai maxia, libros e teatro

Venres 1 de xullo do 2016

Rolda de prensa

Un momento da presentación no Pazo da Cultura

Variedade de propostas para todos os públicos nunha programación que o Alcalde, Evencio Ferrero, cualifica como "das mellores dos últimos anos". Así chega o Verán Cultural a Carballo, cunha oferta chea de música, de maxia, de teatro, de libros, de praia, de cine e con todas as verbenas que ocupan case cada día dos meses de xullo e agosto, como explica o Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo.

De entre todas as propostas, hai que subliñar a presenza internacional da agrupación Jóvenes Clásicos del Son, unha cita que chega a Carballo grazas á Fundación Luís Calvo Sanz e que o propio Luciano Calvo dixo que lle atrae especialmente "porque miña nai e meu pai estiveron de emigrantes en Cuba", e faille ilusión poder escoitar a uns músicos que teñen colaborado con artistas da talla de Compay Segundo ou Rubén Blades. Rescatan os sons típicos cubanos cunha innegable calidade. Será o venres 29 de xullo a partir das 22.30 horas.

Propostas para cativos e cativas e maiores

Máis aló da presenza internacional, no programa hai qe subliñar a división entre citas máis orientadas para os máis pequenos e pequenas da casa, e aquelas que van dirixidas ao público adulto. Entre as primeiras, contaremos co teatro e humor de Peter Punk, a música da Gramola Gominola, a actuación do Mago Xacobe ou o teatro de Ghazafellos. Todas estas citas están patrocinadas pola Deputación da Coruña.

A Praza dos Libros adianta este ano a súa celebración para situarse na penúltima semana de xullo, do 21 ao 14 do mes

Entre as citas para os máis maiorciños, os sons africanos chegan coa agrupación musical Saint Luc de Banakintú, pero tamén temos os nosos sons máis tradicionaos coa segunda edición do Festifolk, a presenza de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Pepe Vaamonde, Sés ou Uxía e Narf. Meción especial merecen De Vacas, un grupo que realiza versións de grandes temas como Gagnam Style ou das Spice Girls dándolle un toque moi especial e persoal.

Cine, Sereas e Piratas, Praza dos Libros

O Sereas e Piratas será o 23 de xullo

O Sereas e Piratas será o 23 de xullo

Como todos os veráns, hai citas que enchen un oco moi especial no programa. Tal é o caso da Praza dos ibros, que este ano adianta a súa celebración ao mes de xullo entre o xoves 21 e o domingo 24: ou o Festival Sereas e Piratas, que será o sábado 23 de xullo ocupando durante todo o día a praia de Razo de actividades, e cunha noite con nomes como The Wave Pictures, que ofrecen en Carballo a súa única actuación en España. O peche, como cada ano, corre a cargo do Festival de Música e Baile Tradicional no que participarán a Banda Municipal de Gaitas, a AC Nemeth, a ACX ARume de Berdillo ou a AC O Candil de Sísamo.

Por último, non hai que esquecer as 17 sesións das Noites de cine, seis na capital municial e once nas parroquias, nas que poderemos ver películas como "Star Wars: el despertar de la fuerza", "Los Minions", "Atrapa la bandera" ou "Del revés".

No seguinte vídeo podedes ver un petisco dalgunhas das actuacións que virán este verán a Carballo, de balde á Praza do Concello.

Descargas



Galería

Compartir: