Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Biblioteca Rego da Balsa agocha moito cine,...

DO 2 DE XULLO AO 29 DE SETEMBRO

A Biblioteca Rego da Balsa agocha moito cine, obradoiros, contacontos e presentacións de libros para os meses do verán

Mércores 6 de xullo do 2016

Praza dos Libros 2015

Posto na Praza dos Libros 2015

A pesar de que a Biblioteca Rego da Balsa modifica un pouco os seus horarios durante o verán, a actividade non para nos meses de xullo, agosto e setembro, nos que as instalacións da rúa Bos Aires teñen reservados obradorios, proxeccións, contacontos, clubs de lectura, presentacións de libros e tamén a súa participación nunha nova edición da Praza dos Libros, que este ano muda de data e pasa a celebrarse no mes de xullo.

Este ano a Praza dos Libros terá lugar entre o 21 e o 14 de xullo e contará coa presenza da Biblio con novidades, empréstitos e sorpresas

Os primeiros sábados de xullo e agosto contarán con citas para os máis cativos e cativas con contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos no marco do proxecto Apego. Os obradoiros teñen representación por partida dobre. Por un lado a través de Crea Formas Artísticas con Mon Lendoiro e un taller de ilustración os venres ou sábados de xullo, dependendo dos grupos; e por outro coa escritora carballesa Rosalía Fernández, cunha sesión maxistral de Paco Souto, encargados dun obradoiro de creación literaria.

Curtametraxes e moitos libros!

As proxeccións tamén teñen espazo na biblio, neste caso con dúas curtametraxes e unha longametraxe con títulos variados como "El último aliento", sobre o illamento a través da contaminación; "O club da calceta", baseado na novela homónima de María Reimóndez; ou con "Boteime a andar", premio á mellor realización na II Edición do Concurso de Curtamentraxes Sociolóxicas. Coma sempre ocorre na Rego da Balsa, os libros tamén son protagonistas, coa presentación das obras "Otra oportunidad", de Geli Romero; ou de "Derribos Arias, licencia para aberrar", de Carlos Rego.

Por último a Asociación de Irmanamento con L'Isle Jourdain continúa co seu Club de Lectura francófona cada sábado; e o 22 de setembro haberá un faladoiro de Cruz Vermella sobre os proxectos da entidade na vila. E xa sabeces, todas as actividades son de balde. Se hai limite de aforo os convites poden recollerse ba propia Biblioteca.

Pasade un fantástico verán nas Bibliotecas de Carballo!



Galería

Compartir: