Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Deputación licita as obras de mellora da...

AS OBRAS MELLORARÁN O FIRME, AS BEIRARRÚAS E SERVIZOS

A Deputación licita as obras de mellora da travesía de Sísamo da capital municipal por un importe que supera os 400.000 euros

Xoves 21 de xullo do 2016

Travesía de Sísamo

Travesía de Sísamo

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar hoxe o anuncio da licitación da Fase 1 das obras de mellora travesía de Sísamo (estrada provincial DP-1901), no treito que transcorre entre o quilómetro 0,000 e 0 0,310. O proxecto está incluído nas actuacións da quinta fase do Plan de Travesías 2015 e o prezo base de licitación é de 418.420 euros (IVE incluído), cun prazo de execución previsto de seis meses. As empresas poderán presentar as súas ofertas nun prazo de 26 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no horario de atención ao público do Rexistro Xeral da Deputación.

As obras suporán o soterramento dos servizos, incluídos os saneamentos, a liña eléctrica, a rede de gas e a rede de telecomunicacións

Os traballos inclúen a mellora do firme da vía, coa creación dunha calzada de plataforma única (coas beirarrúas á mesma altura que o firme para os vehículos) e a reposición e soterramento de todos os servizos, incluídos os saneamentos, a infraestrutura de enerxía eléctrica (media e baixa tensión), o alumeado público, a rede de telecomunicacións (telefonía e cable) e a rede de gas. A actuación tamén inclúe a dotación de mobiliario urbano.

Ligazóns

Compartir: