Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinados os contratos do servizo de Limpeza de...

ASPABER ASUMIRÁ OS EDIFICIOS ADMINISTRATIVOS E O FÓRUM

Asinados os contratos do servizo de Limpeza de bens inmobles municipais así como o do servizo de Limpeza e desbroce de cunetas

Venres 22 de xullo do 2016

Aspaber é a adxudicataria de dous dos lotes

Aspaber é a adxudicataria de dous dos lotes de limpeza

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura dos catro contratos relativos ao Servizo de Limpeza de bens inmobles municipais do Concello de Carballo por un importe global de 319.447 euros (IVE engadido). O Alcalde de Carballo e representantes das tres empresas que asumirán o servizo (UTE Deporte Limpo Carballo, Maga Limpiezas SL e Aspaber) foron os encargados de formalizar os acordos na Alcaldía. A adxudicación realizouse por lotes, incluíndo os seguintes:

O prazo de execución dos servizos de limpeza ascende a catro anos e ten un importe global que rolda os 320.000 euros

  • Lote número 1, Instalacións deportivas, adxudicación á UTE Deporte Limpo Carballo, por importe de 138.823,71 € (IVE incluído) cun prazo de execución de catro anos.
  • Lote número 2, Edificios culturais e centros sociais, adxudicación a Maga Limpiezas, SL,  por un importe de 106.847,62 € (IVE incluído) cun prazo de execución de catro anos.
  • Lote 3, Edificios Administrativos, adxudicación á Aspaber SL, por un importe de 48.942,70 € (IVE incluído) cun prazo de execución de catro anos.
  • Lote número 4, Formación e Oficios, adxudicación a Aspaber SL por un importe de 24.835,84 € (IVE incluído) cun prazo de execución de catro anos.

Preto de 50.000 euros para as beiravías

Ademais, o Concello acolleu o acto de sinatura do contrato administrativo de servizos de "Limpeza, desbroce e mantemento de cunetas nos viais das parroquias de Carballo" que ten un importe de 47.177,90 euros e un período de execución de tres anos, coa posibilidade dunha prórroga anual previo acordo das partes.

O prazo máximo anual de execución dos traballos será de dous meses, mentres que o de prestación do mantemento será de cinco meses. A empresa responsable dos traballos ten o domicilio social en Cances.

Compartir: