Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rubén Durán, do Club Ciclista...

VICTORIA DE MARTÍN SOUTULLO NA PROBA DE TEO

Rubén Durán, do Club Ciclista Carballo a un paso: boa actuación coa Selección Galega cadete na Klasika Txuma no País Vasco

Xoves 28 de xullo do 2016

Rubén Durán, do Club Ciclista Carballo, coa selección galega no País Vasco

Rubén Durán, do Club Ciclista Carballo, coa selección galega no País Vasco

Os días 22, 23 e 24 de xullo o Club Ciclista Carballo a un paso tivo unha axenda moi apretada, pero con moi bos resultados. Rubén Durán Fraiz puido participar coa Selección Galega de Ciclismo na Klasika Txuma no País Vasco, unha challenge de tres días de venres a domingo. Rubén Durán acabou as tres probas sempre no pelotón dianteiro e na clasificación xeral rematou no posto 35, cunha moi boa actuación para ser cadete de primeiro ano e participar nunha das probas de máis nivel de España.

En Galicia, o Club Ciclista Carballo participou en probas júnior e cadete en Marín e no Trofeo Vila de Luou

Xa en Galicia, o Club Ciclista Carballo a Un Paso participou o sábado 23 no Trofeo Virxe do Carme de Marín cos equipos de Júnior e Cadetes. O Júnior Diego Abelenda, non puido rematar a proba, mais na categoría Cadete, Martín Soutullo Tigo rematou 6º, Fabián Fraga 10º e Álex Romero 11º. O domingo en Teo, no Trofeo Vila de Luou, Martín Soutullo acadou a victoria na categoría Cadete, subindo ao máis alto do podio.

Compartir: