Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello destina 32.000 euros a...

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE ATÉ O 12 DE AGOSTO

O Concello destina 32.000 euros a subvencións dirixidas a entidades sen animo de lucro para actividades no eido dos Servizos Sociais no ano 2016

Xoves 28 de xullo do 2016

Feira das Asociacións 25 de novembro 2015

Feira das Asociacións de Carballo que traballan no eido dos servizos sociais

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Igualdade e Benestar que dirixe Maica Ures, informa de que está aberto entre o venres 29 e o venres 12 de agosto o prazo para solicitar as subvencións dirixidas a entidades sen animo de lucro para actividades no eido dos Servizos Sociais para o ano 2016. A convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que no eido dos servizos sociais promovan asociacións e entidades sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello, contribuíndo á consecución de actuacións que de xeito prioritario se dirixan á poboación máis desfavorecida.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 15 días naturais a contar dende o venres 29 de xullo

Poderán ser obxecto de subvención as accións de servizos sociais puntuais ou anuais dirixidas: á comunidade, á familia, á infancia e mocidade, a discapacitados/as, a vellez, muller, drogodependencias e alcoholismo, minorías étnicas, delincuencia e reinserción de ex internos ou outras problemáticas de exclusión social. Tamén se inclúen as accións de carácter formativo ou asistencial. Para a concesión destas axudas dirixidas á realización de actuacións puntuais ou de carácter anual destinarase un importe máximo de 32.000 euros. A instancia coa documentación para solicitar a subvención poderá presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Concesión

A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva e resolverá a Xunta de Goberno Local, logo da proposta motivada da Comisión avaliadora correspondente. Na resolución, no caso de ser positiva, farase constar a contía da subvención, forma de pagamento, programa afectado e condicións nas que se outorga.

Por regra xeral a subvención municipal non superará o 60 por cento do orzamento total do proxecto ou actividade nen os 7.500,00 euros. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custe total da actividade que se vai desenvolver.

Os interesados e interesadas poden descargar as bases ao completo da convocatoria, tal e como foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do xoves 28 de xullo de 2016, máis abaixo en pdf nesta mesma nova.

Ligazóns

Descargas

Compartir: