Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello informa de que está aberto...

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: NO REXISTRO DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello informa de que está aberto entre o 1 e o 22 de agosto o prazo para inscribirse no programa Concilia para o curso 2016-2017

Venres 29 de xullo do 2016

Escola Infantil As Landras

Nenos e nenas na Escola Infantil As Landras

O Concello de Carballo informa, a través da Concellaría de Igualdade e Benestar que dirixe Maica Ures, de que está aberto o prazo de solicitude para beneficiarse do Programa Concilia durante o curso 2016-2017. Trátase dunha medida que ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e que se desenvolve durante o período escolar. Consiste en recoller ás nenas e aos nenos á primeira hora da mañá no seu centro de ensino para responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, cubrindo a necesidade de atención antes do inicio das clases pola mañá con persoas debidamente cualificadas, así como ofrecendo o servizo dun almorzo equilibrado.

O servizo préstase de luns a venres os días lectivos dende as 7.30 horas e até a hora de incorporación ás clases en cada centro

O Concilia inclúe servizo de coidado dos nenos e nenas con monitoras que atenden ao alumnado, garantindo hábitos de hixiene, e ademais realizando actividades de lecer e tempo libre; e tamén servizo de almorzo opcional para aqueles nenos/as que o soliciten. O servizo préstase de luns a venres os días lectivos dende as 7.30 horas e até a hora de incorporación ás clases en cada centro. Tamén se ofrece o servizo nos periodos vacacionais de Nadal, Entroido, e Semana Santa, nas pontes e no verán. Só terán dereito a estes servizos extraordinarios os/as usuarios fixos do programa, non os ocasionais. Nestas datas a atención realízase nos locais da empresa que ten a concesión.

Lugar de solicitude e máis información

As solicitudes deben presentarse nas oficinas do Rexistro Municipal situado na Casa do Concello, ou, preferiblemente, no Rexistro do Departamento de Servizos Sociais. A documentación necesaria pode descargarse nesta mesma nova e tamén está dispoñible nas oficinas de Servizos Sociais situadas na praza Médico Eduardo Mariño s/n; e pode obterse máis información nos teléfonos 981 704 706 ou 981 700 688.

Toda a información sobre os prezos do servizo e os posibles descontos aos que poden optar as familias pola súa situación socio familiar, económica, laboral ou por permanencia do alumno ou alumna no programa poden consultarse tamén nesta mesma nova no documento Normas de acceso para o Programa Concilia Curso 2016-2017.

Descargas

Compartir: