Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Deputación achega unha inxección...

O SERVIZO ATENDE ATA A 14 CONCELLOS DA CONTORNA

A Deputación achega unha inxección de 20.000 euros para o mantemento da Unidade Asistencial de Drododependencias de Carballo

Venres 5 de agosto do 2016

Ánxela Franco e Belén Lendoiro (dereita)

Ánxela Franco e Belén Lendoiro (dereita)

A Concelleira e Alcaldesa en funcións de Carballo estes días, Belén Lendoiro, e a Deputada responsable da área de Benestar Social da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, estableceron esta semana os termos da colaboración para o mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo (UAD) coa sinatura dun convenio de colaboración entre ambas entidades que supón unha achega dun total de 20.000 euros por parte do organismo provincial a través da área de Benestar Social.

O servizo asiste a Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, A Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría

Segundo o acordo, a Deputación da Coruña contribúe xunto co Concello de Carballo no financiamento dos gastos de mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencia que presta servizos de atención e tratamento así como programas de saúde aos concellos de Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría.

A UAD leva traballando máis de 20 anos

Dende o organismo provincial Ánxela Franco, destacou o "relevante labor que desenvolve a unidade non só para Carballo senón a catorce concellos próximos como un servizo de calidade na prevención, rehabilitación e tratamento da drogodependencia"

A UAD creouse en 1994 e a súa área de actuación abarca Carballo, os seus arredores e a área sanitaria da Costa da Morte.

Compartir: