Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellaría de Deporte fai...

O ANUNCIO PODE DESCARGARSE EN PDF NESTA NOVA

A Concellaría de Deporte fai pública a concesión provisional de subvencións en materia de deporte 2016

Venres 5 de agosto do 2016

Competición deportiva de balonmán

O Concello de Carballo a través da Concellaría de Deporte que dirixe Marcos Trigo, informa da concesión provisional das subvencións dirixidas a entidades deportivas:

  • para o financiamento de organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España durante o ano 2016, sendo o importe total proposto de 8.800 euros.
  • para o financiamento de eventos deportivos e actividades deportivas de carácter extraordinario durante o ano 2016, sendo o importe total proposto de 9.600 euros.
  • para o financiamento de actividade xeral durante o ano 2016 sendo o importe total proposto de 86.600 euros.

Ábrese un prazo de dez días hábiles para que as entidades solicitantes comuniquen, ben o desestimento da solicitude, a reformulación ou cambio de obxecto, ou ben para presentaren alegacións. Resoltas as alegacións, se as houbera, concederanse as subvencións con carácter definitivo.

Os interesados e interesadas poden descargar o anuncio, publicado no taboleiro de anuncios do Concello o venres 5 de agosto de 2016, máis abaixo en [PDF] nesta mesma nova.

Descargas

Compartir: