Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rematadas as obras para substituír a...

AS INSTALACIÓNS ABRIRÁN CON NORMALIDADE O 22 DE AGOSTO

Rematadas as obras para substituír a cuberta do Pavillón Vila de Noia da capital municipal, que incluíron o repintado do exterior do edificio

Venres 12 de agosto do 2016

Pavillón Vila de Noia

Vista actual do Pavillón Vila de Noia tralo repintado exterior

Esta semana veñen de rematar os traballos de "Substitución de cuberta do pavillón polideportivo municipal na rúa Vila de Noia" que tiveron un importe de 261.657 euros. Segundo explican dende a Concellaría de Deporte, estes días estase realizando a retirada do material de obra e a partir do día 16 de agosto está previsto realizar unha limpeza en profundidade das instalacións para que volva a estar dispoñible para os veciños e veciñas e se utilice con normalidade a partir do luns 22 de agosto. Este día tamén está previsto que reabra a piscina, despois do peche de verán para realizar labores de mantemento.

Instaláronse luminarias LED de baixo consumo

A piscina Vila de Noia tamén abrirá o luns 22 despois de estar pechada entre 1 e o 21 de agosto por labores de mantemento

Os traballos, realizados por Ediserpo SL, incluíron a demolición do tellado actual e a substitución da cuberta e do falso teito do pavillón por paneis "sandwich" de aceiro, ademais da instalación de paneis acústicos. Tamén se substituiron as cubertas de todas as salas anexas, incluíndo a sala fitness municipal e procedeuse ao repintado do tellado.

A empresa adxudicataria tamén incluíu varias melloras sen custo adicional. Así, substituíronse todas as luminarias das instalacións por alumeado LED para redundar no aforro enerxético; pintáronse as fachadas externas das instalacións; e, por último, mellorouse o sistema de ventilación do pavillón.



Galería

Compartir: