Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado o contrato para realizar as obras de...

O PRAZO DE EXECUCIÓN É DE 42 DÍAS

Asinado o contrato para realizar as obras de Substitución de céspede artifical e equipamento deportivo do estadio municipal As Eiroas

Mércores 17 de agosto do 2016

Acto de sinatura

Un momendo do acto de sinatura

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura do contrato de obras de “Substitución de céspede artifical e equipamento deportivo do estadio municipal As Eiroas”, unha actuación incluída no Plan de Acción Social (PAS) 2015 da Deputación Provincial da Coruña. A empresa adxudicataria é unha Unión Temporal de Empresas (UTE As Eiroas) formada por Lancer Proyectos y Obras SA e Viviendas y Obras Civiles SA, por un prezo de adxudicación de 368.240,76 euros (IVE incluído). O prazo de execución previsto é de 42 días.

O proxecto implica a substitución da herba artificial existente de case dez anos de antigüidade, e que tivo un uso intensivo nestes anos, por unha nova alfombra de herba artificial, monofilamento, de última xeración. Aproveitarase a renovación para mellorar a base asfáltica existente, revisando as pendentes e corrixindo as que sexa necesario para facilitar a drenaxe en momentos de choiva. A superficie de herba a substituír é de máis de 7.200 metros cadrados.

As instalacións de evacuación de augas pluviais e de rega manteranse xa que están en perfecto estado. O contrato inclúe a substitución das portarías, tanto de fútbol 11 como de fútbol 7, os banderíns de córner e os bancos. O equipamento retirado permanecerá en almacéns municipais ata que sexa necesario para usalo noutras instalacións. O terreo de xogo presentará a marcaxe de fútbol 11 en cor branca e dous campos de fútbol 7 transversais en cor azul.

Compartir: