Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas melloras en camiños e...

EN RUS, BÉRTOA, NOICELA, VILELA E RAZO

Adxudicadas melloras en camiños e vías municipais no medio rural por un importe superior ao medio millón de euros

Martes 16 de agosto do 2016

Vista de Razo

Vista da parroquia de Razo, onde haberá reparacións en viais por 143.990 euros

A Xunta de Goberno Local reunida en sesión ordinaria o martes 16 de agosto aprobou adxudicacións para a realización de melloras no medio rural por un importe superior ao medio millón de euros. Os proxectos, debullados polo miúdo son:

  • A adxudicación, a proposta da mesa de contratación, do contrato de obras de rebacheo de camiños na parroquia Rus, incluido no POS adicional do 2015,  á empresa López Cao SL por un importe de 39.034,60 euros.
  • A adxudicación do contrato de obras de reparación dos viais secundarios na parroquia de Bértoa, proxecto incluído no POS 2016, á empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL por un importe de 168.190 euros.

O proxecto máis cuantioso correspóndese co contrato para reparar viais secundarios en Bértoa

  • A adxudicación do contrato de obras de reparación de viais secundarios nas parroquias de Noicela e Vilela, actuación incluída no POS 2016, á empresa Construcciones López Cao SL por un importe de 150.282 euros.
  • E a adxudicación do contrato de obras de reparación de viais secundarios na parroquia de Razo  á empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL por importe de 143.990 euros.

Compartir: