Inicio Carballo ao día Hemeroteca Setembro acolle as xornadas "Abrindo...

ENTRE OS DÍAS 22 E O 25 NO 1º ANDAR DO MERCADO

Setembro acolle as xornadas "Abrindo Camiño", días de ecoloxía e patrimonio cos que Senda Nova celebra os seus dez anos de vida

Mércores 24 de agosto do 2016

Presentación de Abrindo Camiño

Presentación de "Abrindo Camiño"

Carballo acolle os días días 22, 23, 24 e 25 de setembro as xornadas "Abrindo camiño", organizadas pola Asociación Ambiental Senda Nova coa colaboración do Concello e que estarán dedicadas a falar de ecoloxía e patrimonio, por un lado; e por outro a celebrar os dez anos de vida de Senda Nova, nos que ten traballado a prol da defensa da natureza e do patrimonio paisaxístico e mesmo artístico de Carballo, onde ten a súa sede, mais tamén de toda a comarca de Bergantiños e mesmo da Costa da Morte. Mais dunha ducia de entidades están a colaborar nesta iniciativa na que se reflexionará sobre o labor de Senda Nova nos últimos dez anos e tamén nos retos do futuro.

Máis de doce entidades están colaborando nesta iniciativa na que tamén se falará de retos de futuro

Exporanse diferentes propostas que teñen que ver coa ecoloxía e o patrimonio da contorna a través de diferentes actuacións, charlas, obradoiros e encontros de entidades no primeiro andar do Mercado Municipal. Haberá tempo para falar de toda a prolífica traxectoria de Senda Nova, que nestes anos ten consolidado rutas pola comarca como a Primavera en ruta ou o Outono en marcha; ciclos como o Inverno Ancestral, no que tamén se recuperan as nosas historias; nos que ten participado en proxectos internacionais con diversos países; ou nos que ten recibido o premio Bergantiñán do Ano do Padroado Fogar de Bergantiños.

Non faltedes a esta cita coa ecoloxía e o medio ambiente.



Galería

Compartir: