Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinados os contratos para realizar melloras en...

EN RUS, BÉRTOA, NOICELA, VILELA E RAZO

Asinados os contratos para realizar melloras en camiños e vías no rural por un importe superior ao medio millón de euros

Mércores 24 de agosto do 2016

 Acto de sinatura con Vázquez y Reino

Acto de sinatura con Vázquez y Reino na Casa do Concello

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e representantes das empresas adxudicatarias Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL e López Cao SL, veñen de asinar na Casa do Concello o martes 23 e o mércores 24 de agosto os contratos para a realización de melloras no medio rural por un importe superior ao medio millón de euros. O martes 23 asináronse os contratos con López Cao para as obras de rebacheo de camiños na parroquia Rus, incluídas no POS (Plan de Obras e Servizos da Deputación) adicional do 2015 por un importe de 39.034,60 euros; e o proxecto dereparación de viais secundarios nas parroquias de Noicela e Vilela, actuación incluída no POS 2016 por 150.282 euros.

A maioría dos traballos están incluídos no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña de 2016 e no POS adicional de 2015

O mércores foi a quenda da sinatura das actuacións que executará a empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL, que son a reparación dos viais secundarios na parroquia de Bértoa, proxecto incluído no POS 2016 por un importe de 168.190 euros; e as obras de reparación de viais secundarios na parroquia de Razo por importe de 143.990 euros. Os traballos comezarán o antes posible.

Compartir: