Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación carballesa abordará...

O OBXECTIVO É ELABORAR UNHA MOCIÓN CONXUNTA

A corporación carballesa abordará no pleno de setembro a presenza de circos con animais no termo municipal

Martes 30 de agosto do 2016

Pleno ordinario

Sesión plenaria da corporación carballesa

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, trasladou o luns 29 de agosto aos membros da xunta de voceiros municipal unha proposta para presentar unha iniciativa consensuada respecto da presenza de circos con animais no termo municipal carballés. Por parte da Alcaldía propúxose a elaboración dunha moción conxunta e consensuada dado que a lexislación autonómica vixente, e que polo tanto os concellos están obrigados a cumprir, permite a tenza e emprego de animais en espectáculos públicos.

O goberno escoita as peticións de distintos colectivos

O Concello xa ten adoptado medidas de compromiso coa protección dos animais con accións como a elaboración dunha ordenanza que establece a obriga de que os animais domésticos teñan garantidas unhas condicións axeitadas de “alimento, aloxamento, espazo e curas axeitadas” ou a apertura da primeira canceira da Costa da Morte.

Debido á sensibilidade coa situación dos animais, o goberno quere tamén escoitar as iniciativas presentadas por distintos colectivos contrarios ao uso de animais en circos, por considerar que “a súa exhibición e as condicións de vida supoñen unha crueldade, ao mesmo tempo que incrementan o tráfico ilegal de animais e a caza furtiva de especies protexidas”.

Compartir: