Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para solicitar as axudas de...

ENTREGA DE SOLICITUDES: ATÉ O 24 DE SETEMBRO (INCLUSIVE)

Aberto o prazo para solicitar as axudas de estudos para alumnado de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música

Mércores 7 de setembro do 2016

Conservatorio Profesional de Música

Actuación de alumnado do Conservatorio (Foto: Casal; La Voz de Carballo)

O Concello de Carballo informa de que estará aberto dende o 8 de setembro e até o día 24 do mesmo mes o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música de Carballo para o Curso 2016-2017. As solicitudes para concorrer a esta convocatoria deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, preferentemente no Rexistro do Pazo da Cultura (1º andar, rúa do Pan, s/n).

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello (preferentemente no do Pazo da Cultura) de 10.00 a 13.00 horas

O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura -tanto para recoller o impreso como para recibir a información que os veciños e veciñas precisen sobre esta convocatoria- é de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas. Estes impresos, así como as Bases da Convocatoria, estarán dispoñibles tamén nos centros educativos de Carballo nos próximos días.

Máis de 50.000 euros

Desglosadas polo miúdo, a contía das axudas é a seguinte:

  •  2º ciclo de Educación Infantil con trescentas dez axudas (310) de 150 € cada unha, que en total ascenden á cantidade de 46.500 euros.
  • Conservatorio Profesional de Música de Carballo, con seis mil euros para distribuir en axudas para alumnos do Conservatorio. O importe individual da axuda, ascenderá ao 50 por cento do custe da súa matrícula dunha única especialidade para o curso completo, non tendo en conta as materias soltas ou pendentes.
Os interesados e interesadas poden descargar as bases ao completo, así como o impreso de solicitude en dous documentos en pdf nesta mesma nova.

Descargas

Compartir: