Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arredor de 80 xogadores de toda Galicia...

INSCRICIÓNS ATÉ O VENRES 16 DE SETEMBRO

Arredor de 80 xogadores de toda Galicia participan o sábado 17 de setembro no I Torneo de Xadrez Aberto Concello de Carballo

Venres 16 de setembro do 2016

I Torneo de Xadrez Aberto Concello de Carballo

I Torneo de Xadrez Aberto Concello de Carballo

O sábado día 17 Carballo acolle a celebración do I Torneo de Xadrez Aberto Concello de Carballo, XI proba do I Circuito Intercomarcal de xadrez. A proba comezará a partir das 16.00 horas no 1º andar do Mercado Municipal. A organizacion agarda unha elevada participación, na procura dos últimos puntos que se repartirán no circuito xa que restan tan só dúas máis de cara os premios finais. De feito, a venres 16 de setembro hai anotados máis de 60 xogadores, aínda que está prevista a participación de 80 persoas. Entre eles hai que destacar ao Gran Mestre de Esteiro David Lariño (ex Campión de España) que ademais é o líder co circuíto; ao Mestre Internacional Diego Espiñeira de Padrón; ou aos MF Pablo Fernández e Antonio Pazos de Ferrol.

Repartiranse 800 euros en premios

Estes días desprazanse ata Carballo xogadores de Ponferrada, Lugo, Vigo, Sanxenxo, Rianxo, Padrón, Ferrol, Coruña, Arteixo, A Laracha, Cerceda, Malpica, Vimianzo, Coristanco, Mazaricos, Zas ou Muxía, aos que hai que sumar os xogadores locais de Carballo. Hai que destacar que o torneo está aberto a todo tipo de xogadores e de idades (non fai falla estar federado), o único requisito e saber xogar, e animamos a que se apunte mais xente o último día de anotacións, o venres 16 de setembro.

As anotacións poden formalizarse no 617 234 393 ou no enderezo electrónico <pokeryajedrez@gmail.com>  O torneo repartirá premios en metálico con ata 800 euros, trofeos por categorías e sortearase un cheque regalo cortesía de Gadis.

Ligazóns



Galería

Compartir: