Inicio Carballo ao día Hemeroteca O xadrez de elite volve a Carballo con victoria...

XI PROBA DO I CIRCUÍTO INTERCOMARCAL DA DEPUTACIÓN

O xadrez de elite volve a Carballo con victoria do GM Strikovic no Torneo local celebrado o sábado 17 de setembro

Luns 19 de setembro do 2016

 I Torneo de Xadrez Aberto Concello de Carballo

O I Torneo de Xadrez Aberto Concello de Carballo tivo lugar no Mercado Municipal

O sábado día 17 de setembro o 1º andar do Mercado Municipal acolleu o I Torneo de Xadrez Aberto Concello de Carballo, XI proba do I Circuíto Intercomarcal Deputación da Coruña no que participaron un total de 84 competidores, tanto afecionados e afeccionadas como federados. Disputáronse 8 roldas con partidas de 10´+3" e bateuse a marca de xogadores do circuíto con 84 xogadores de 2GM, 1MI e 3MF e con xogadores de Ponferrada, Lugo, Vigo, Sanxenxo, Rianxo, Padrón, Santiago, Bouzas, Ordes, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Cambre, Arteixo, Laracha, Malpica, Cabana, Zas, Muxía, Corcubión, Mazaricos, Coristanco e Carballo (con 16 xogadores).

Un total de 84 xogadores e xogadoras disputaron a proba, que manteu a emoción nos primeiros postos ata o último momento

Os favoritos non fallaron ocupando as seis primeiras prazas do torneo, os GM Strikovic e Lariño comezaron mandando con 5 de 5, tras facer táboas entre eles na sexta rolda. A clave foi a rolda sete, na que Strikovic gañaba a José Ramón e Lariño perdía ante o MF Fernando, isto deixou a Strikovic moi preto do triunfo final que asegurou cunhas táboas na rolda 8 ante o MF Fernando, o que permitiu ao GM Aleksa Strikovic (Serbio pero residente en Cambre desde hai xa moitos anos) proclamarse campión do torneo con 7 puntos.

Clasificación

Para adxudicar a segunda praza houbo que recorrer ao sistema de desempate, xa que nada menos que 5 xogadores terminaron con 6,5 puntos. O bucholz determinou que fose 2º o MF Fernando Sánchez (Rianxo), 3º GM David Lariño (Xaquedrum), 4º MF Pablo Fernández (Ferrolán), 5º MF Antonio Pazos (Ferrolán), 6º MI Diego Espiñeira (Padrón). Con 6 puntos terminaron 7º Daniel Martínez (Rianxo) e 8º Alfonso López (Padrón); con 5,5 puntos foi 9º José Ramón Gómez (Recatelo) e 10º Eduardo García (Rianxo) para completar os 10 premiados da xeral.

O 1º sub-2000 foi Paco Abella (11º con 5,5 de Malpica), 1º sub-1600 Sabela Igrexas (15º con 5,5 de E.T.X.), 1º Veterano José Antonio Cruz (13º con 5,5 de Malpica), 1º sub-18 Belarmino García (25º con 5 do Bouzas) , 1ª Feminina Marta Quintás (47º con 4 de E. Luguesa). Os mellores xogadores locais foron 1º José Manuel Pouse (14º con 5,5 puntos), 2º Esteban Raposo (32º con 4,5 puntos), 3º Rodrigo Teijeira (37º con 4 puntos). Por categorías repartíronse trofeos para o 1º sub-16 Xulio do Prado (Fontecarmoa), 1º sub-14 Claudio Reboredo (E.T.X.), 1º sub-12 Nicolás Domínguez (Betanzos), 1º sub-10 Heriberto Rubial (Ponferrada) e 1º sub-8 Roi Mira (Carballo).

Foi un gran día de xadrez no que o nivel máis competitivo volviu a Carballo. O 24 de setembro dispútase en Cerceda o último torneo que clausura o circuíto. En categoría absoluta o vencedor matemático xa é o GM David Lariño, pero están por decidir o resto dos postos.

Ligazóns

Compartir: