Inicio Carballo ao día Hemeroteca Volve o Xiria Pop, o festival de culto que trae a...

VENRES 23 E SÁBADO 24 DE SETEMBRO NA SALA DUBLÍN

Volve o Xiria Pop, o festival de culto que trae a Carballo aos grupos menos convencionais do panorama festivaleiro

Mércores 21 de setembro do 2016

Rolda de prensa

Presentación do festival na Casa do Concello

A Sala Dublín agarda o venres 23 e o sábado 24 de setembro aos oito grupos do cartel do Xiria Pop, un festival "de culto", en verbas do Alcalde, Evencio Ferrero, que cada ano marca o final da tempada dos festivais de verán en Carballo. Os grupos do venres teñen como principal atractivo a Vic Godard, chegado dende Londres, un pioneiro do punk que agora exerce de carteiro e que de cando en cando decide ofrecer concertos para agasallar coa súa música a uns poucos afortunados.

O venres está previsto que os concertos comecen ás 22.30 horas, mentres que o sábado as notas comezarán a soar ás 21.30 horas

Tamén chegan desde Glasgow The Wellgreens co seu particular son "típico escocés", ou Octubre, de Caravaca de la Cruz, caracterizados porque van ser oito músicos enriba do escenario cuns toques de vento moi especiais. O venres complétase con Aula 11, que quecen o festival a partir das 22.30 horas. Os carballeses son profetas na súa terra e visitan por primeira vez o Xiria Pop.

Un final con moita festa

O sábado unha das sorpresas para pechar a noite serán os Shaggy Dogs, de París. Segundo explica Xabier Graña, artífice do festival que este ano cumpre 19 anos, "van montar unha festa tremenda". Iso sí, o farán con puntualidade, así que o sábado non vos atrasedes á hora de ir á Dublín porque os concertos comezarán ás 21.30 horas. Antes ca eles, abren a noite The Hellbuckers, unha combinación ineresante de soul e rock; seguen Brand New Sinclairs, de Baracaldo con estilo mod e voz feminina; e tamén están The Allnighters, de Vitoria, uns clásicos da escena mod, cun cantante moi recoñecido.

As entradas, para un día custan 15€ e o bono para os dous días 25€. Coma sempre, prezo económico, un festival de calidade con grupos sorprendentes e sempre con moi bo rollo. Ademais, este ano hai o venres 23 de setembro un aperitivo, coa presentación do libro "Derribos Arias, licencia para aberrar" de Daniel Rego, ás 19.30 horas na Biblioteca Rego da Balsa.

Gañas de Xiria Pop?



Galería

Compartir: