Inicio Carballo ao día Hemeroteca Promoción Económica oferta un curso...

DESENVOLVERASE DO 3 AO 31 DE OUTUBRO

Promoción Económica oferta un curso de actualización comercial para dependentes ou propietarios de tendas na vila

Xoves 22 de setembro do 2016

A actividade está dirixida ao sector comercial

A actividade está dirixida ao sector comercial

A Concellaría de Promoción Económica organiza o curso "Actualización comercial: Estratexias para vender máis" dirixido a comercios de Carballo que desexen mellorar a súa imaxe e competitividade. A actividade desenvolverase no Fórum Carballo do 3 ao 31 de outubro. A primeira parte será presencial: días 3, 4, 5, 6 e 10 de outubro; e a segunda parte será práctica en comercios: do 17 ao 31 de outubro en horario de 20.30 a 22.30 horas.

A acción formativa está dirixida a persoas propietarias ou que traballen en comercios de Carballo. O número máximo de prazas é de 15. Para inscribirse é necesario cubrir a ficha de solicitude que pode descargarse máis abaixo en pdf e enviala por correo electrónico a <paulalema@carballo.gal> ou ben entregala directamente nas oficinas municipais do Fórum. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

Programa de contidos do curso

  • Módulo I. Coñecer a nosa tenda: distribución de mobiliario; implantación de produto; imaxe de marca.
  •  Módulo II. Escaparates: para que vale un escaparate; como obter máis beneficios por medio do escaparate; realización de escaparates.
  •  Módulo III. Clientes: que espera un cliente de nós; como ven a nosa tenda; como fidelizar e captar novos clientes.
  •  Módulo IV. A nosa propia tenda: visita e análise de cada tenda; debilidades e fortalezas da nosa tenda; como actualizala; análise da competencia.
A formación divídese en dúas partes: parte teórica de 10 horas, deixarase unha semana para que os participantes desenvolvan tarefas nas súas tendas e terminarase con 20 horas de prácticas no propio comercio.

Descargas

Compartir: