Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Deputación da Coruña destina...

MELLORARASE A CAPA DE RODAXE DA VÍA

A Deputación da Coruña destina 74.470 euros á mellora do firme da estrada de acceso á Igrexa de Cances

Martes 27 de setembro do 2016

Obras en Cances

Tamén se procederá á limpeza das beiravías en ambas marxes da estrada

A Deputación da Coruña vén de adxudicar á empresa Construcciones y Obras Andújar, por importe de 74.470 euros, as obras de mellora do firme da estrada provincial de acceso á igrexa de Cances, no termo municipal de Carballo. As obras que se van realizar consistirán na mellora da capa de rodaxe da estrada DP-1908, entre os puntos quilométricos 0+00 e 1+360, mediante o estendido dunha capa de mistura bituminosa en quente tipo AC 16 SURF 60/70 de cinco centímetros de espesor en todo o ancho da calzada.

O prazo de execución estipulado para a mellora da estrada provincial é de tres meses

Previamente ao estendido da devandita capa de rodadura, realizarase a limpeza das beiravías en ambas as dúas marxes da estrada e aplicarase un dobre tratamento superficial mediante regos con grava nas zonas nas que o firme presenta fisuras ou irregularidades. O proxecto recolle tamén a posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes, a reposición das marcas viais e sinais de tráfico e o repintado de símbolos e pasos de peóns. O prazo de execución dos traballos é de tres meses.

Compartir: