Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pavimenta máis de 80.000 metros...

EN 2017 ESTARÁN EN BO ESTADO MÁIS DE 600 KM DE PISTAS

O Concello pavimenta máis de 80.000 metros de vías municipais nas parroquias de Noicela, Vilela, Oza, Razo e Bértoa

Mércores 5 de outubro do 2016

Obras en Imende

O Alcalde, Evencio Ferrero, supervisando as obras en Imende

O plan de mellora integral da rede viaria municipal xa está en marcha e avanza a moi bo ritmo pola zona norte do territorio carballés. As empresas Construcciones López Cao e Construcciones Vázquez y Reino están a pavimentar nesta primeira fase un total de 84.000 quilómetros de vías nas parroquias de Noicela, Vilela, Oza, Razo e Bértoa, nas que se realizará un investimento de 462.462 euros con cargo ao POS (Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña).

Xa están en licitación novas obras que se acometerán nas parroquias de Sísamo, Artes, Goiáns, Cances e Carballo

Porén, o obxectivo do goberno municipal é que entre este ano 2016 e o que vén estean en bo estado os 613 quilómetros de vías asfaltadas de titularidade municipal que hai en todo o concello, e nese sentido xa están en licitación novas obras que se acometerán nas parroquias de Sísamo, Artes, Goiáns, Cances e Carballo cun orzamento de 378.828 euros procedentes do remanente de tesourería do ano pasado.

Limpeza de beiravías e pavimentación

O Alcalde, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, están a realizar un seguimento puntual das obras. Tanto nas cinco parroquias nas que se está actuando nestes momentos coma no resto, os traballos inclúen a limpeza das beiravías e a pavimentación con dobre rego asfáltico, de xeito que a rede viaria de todas as parroquias quedará en boas condicións para moitos anos.

Compartir: