Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello vese obrigado a talar unha...

EXISTE PERIGO DE CAÍDA

O Concello vese obrigado a talar unha árbore no parque situado na contorna do IES Parga Pondal por motivos de seguridade

Venres 7 de outubro do 2016

Parque do IES Parga Pondal

Parque do IES Parga Pondal

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Obras e Servizos que dirixe Luís Lamas, informa de que a administración local verase obrigada a talar unha árbore no parque situado na contorna do IES Parga Pondal por motivos de seguridade.

O Concello encargou un informe técnico no que se explica que o exemplar, un chopo, presenta unha antiga ferida que afecta a máis da metade do tronco na súa parte inferior, e que, como consecuencia desta ferida, agora está a desenvolver unha podredume que produce unha cavidade no exemplar.

Perda de estabilidade

Vista da ferida

Vista da ferida

A cavidade implica unha perda de cambium, e polo tanto, unha merma da sua estabilidade. O informe conclúe que a "árbore é perigosa debido ao seu estado actual, e tamén pola súa situación en zona verde preto dun centro escolar como é o IES Parga Pondal". Recoméndase a "extracción do exemplar e a substitución por outro de maior idoneidade".

Luís Lamas explica que a tala levarase a cabo o antes posible para evitar incidentes, estando prevista a extracción a partir do luns 10 de outubro.

Compartir: