Inicio Carballo ao día Hemeroteca Tres asociacións e 14 veciños e...

PRÓXIMA XUNTANZA: O 18 DE OUTUBRO EN SÍSAMO

Tres asociacións e 14 veciños e veciñas únense ao Consello Parroquial de Rus, constituído o martes 11 de outubro

Xoves 13 de outubro do 2016

Consello Parroquial de Rus

Constitución do Consello Parroquial de Rus

A medida que avanza o proceso de constitución dos Consellos Parroquiais son máis os veciños e veciñas que asisten ás reunións abertas. O martes celebrouse a de Rus. No local social de Ramil xuntáronse medio cento de persoas, e despois das explicacións ofrecidas polo alcalde, Evencio Ferrero, e polo persoal da empresa Deloga, que se encarga da parte técnica do proceso, foron moitos tamén quen se comprometeron a formar parte do Consello Parroquial. Á parte dos representantes políticos, en Rus haberá un equipo de traballo integrado por tres asociacións e 14 veciños e veciñas a título individual.

Antes de que remate o ano estará finalizado o proceso de constitución dos Consellos Parroquiais no municipio

As próximas xuntanzas abertas celebranse en Sísamo (o martes 18 de outubro, ás 20.30 h. no centro social) e Sofán (xoves 27, ás 20.30 h., tamén no centro social da parroquia). As restantes terán lugar entre novembro e decembro. Deste xeito, antes de que remate o ano saberemos en que parroquias se abre esta nova canle de comunicación directa bidireccional entre o Concello de Carballo e a cidadanía que é, en definitiva, un Consello Parroquial.

Calquera dúbida sobre este proceso pode consultarse no teléfono 608 201 251 ou no enderezo electrónico <consellosparroquiaiscarballo@gmail.com>.

Compartir: