Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 550 persoas maiores de 60 anos...

HAI DEZANOVE GRUPOS, SETE NA CAPITAL MUNICIPAL

Máis de 550 persoas maiores de 60 anos participan no Programa de Exercicio Físico gratuíto que chega a dez parroquias

Mércores 19 de outubro do 2016

Programa de Exercicio Físico para Maiores

Unha das sesións semanais no Pavillón Vila de Noia

Un total de 567 persoas empadroadas en Carballo e maiores de 60 anos participan entre os meses de outubro e xuño no Programa de Exercicio Físico para Maiores do Concello. Están distribuídas en 19 grupos que reciben dúas sesións semanais cada un, cun total de 38 sesións semanais de entre 30 e 45 minutos de duración co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e reducir o risco de desenvolver doenzas cardiovasculares e oseoarticulares. As sesións constan de exercicio aeróbico e acondicionamento muscular e flexibilidade de baixo impacto oseoarticular.

A actividade conta con 38 sesiós semanais de entre 30 e 45 minutos de duración co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas maiores

Dos 19 grupos, que xa están estes días a pleno rendemento, doce están repartidos en dez parroquias: con dous en Rus (no Outón e en Ramil), dous en Noicela (Imende e Noicela) e un en Sofán, Berdillo, Cances, Entrecruces, Razo, Oza, Artes e outro en Sísamo; os sete grupos restantes asisten ás sesións polas mañás no Pavillón Vila de Noia da capital municipal. Para poder participar, o único requirimento é o de residir en Carballo, xa que as sesións son de balde. Cada ano o Programa de Exercicio Físico para Maiores recibe unha grande acollida, contando sempre cunha media de 500 participantes.

Compartir: