Inicio Carballo ao día Hemeroteca A excelente climatoloxía deixa unha...

A TEMPADA REMATOU CON 8 SALVAMENTOS NOS AREAIS

A excelente climatoloxía deixa unha afluencia moi elevada nas praias carballesas e preto de 500 atencions de botiquín na tempada 2016

Venres 21 de outubro do 2016

Rolda de prensa

Un momento da presentación do balance da tempada de praias 2016

As excelentes condicións climatolóxicas da tempada de verán nas praias de Razo, Baldaio-As Saíñas de Pedra do Sal marcadon a actividade da Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático do Concello este ano 2016, con maioría de días despexados nos meses de xullo, agosto e setembro. Esto supuxo, en verbas do Alcalde, Evencio Ferrero, "unha elevadísama intensidade de uso" dos areais, así como dos servizos que ofrece a Unidade de Salvamento e Socorrismo, incluídos os botiquíns, con tres en Razo, un en Baldaio-As Saíñas e un en Pedra do Sal. Así, os socorristas atenderon 488 incidencias, das que 31 foron en xuño, 222 en xullo, 220 en agosto e 15 en setembro; e 252 en Razo, 175 en Baldaio-As Saíñas e 61 en Pedra do Sal.

A maioría dos salvamentos realizáronse na praia de Baldaio-As Saíñas, con cinco incidencias, e tamén durante o mes de xullo

O responsable de Protección Civil de Carballo, Javier Souto Facal, sinala que este ano tense rexistrado unha afluencia maior tanto en Baldaio e Pedra do Sal como nas pequenas calas existentes no litoral entre Leira (a carón da Laracha) e Santa Mariña (preto do Concello de Malpica). En todo caso, o balance de salvamentos na tempada de verán é de oito, con 3 en Razo e 5 en Baldaio-As Saíñas. En xuño rexistrouse un nas Saíñas durante a baixamar nunha zona non controlada; en xullo houbo cinco, tres en Razo -dous durante a pleamar na zona do posto de socorrismo e un durante a baixamar na Explanada-; e dous nas Saíñas, na baixamar na zona das pontes. En agosto, os dous salvamentos tamén foron nas Saíñas mentres que en setembro non se rexistrou ningún.

Picaduras de insectos e de peixe sapos

Respecto da natureza das atencións nos botiquíns, Souto Facal sinala que a ampla maioría foron por picaduras de fanecas, peixe sapos ou escarapotes, así como por picaduras de insectos. Respecto dos labores de prevención da Unidade de Salvamento e Socorrismo, subliña que a zonificación do baño contribúe a mellorar a seguridade do areal; e tamén resalta que a praia de Razo está clasificada como de alta perigosidade, debido ás súas fortes correntes e fortes mareas -con recomendación permanente de bandeira vermella- polo que lembra que dende mediados de setembro ata o comezo da tempada de 2017 as zonas de baño permanecen pechadas.

O Alcalde, Evencio Ferrero, tamén quixo agradecer aos veciños e veciñas a súa colaboración coa Unidade de Salvamento, o que redunda na mellora  seguridade de todos os usuarios e usuarias dos areaias. Do mesmo xeito, Souto Facal tivo verbas para todos os voluntarios e voluntarias e para todos e todas os socorristas, que este ano en ocasións pecharon o servizo ás 22.45 horas da noite debido ás excepcionais temperaturas e á elevada afluencia de bañistas, mesmo a última hora.

Compartir: