Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas as obras de reurbanización da...

LICITACIÓN DA MELLORA DA CONTORNA DO SAN LUÍS ROMERO

Adxudicadas as obras de reurbanización da rúa Vila de Noia e a reparación de viais secundarios nas parroquias de Sísamo e Artes

Luns 24 de outubro do 2016

CEIP Xesús San Luís Romero

Contorna do CEIP Xesús San Luís Romero

A Xunta de Goberno Local reunida en sesión ordinaria vén de aprobar a adxudicación do contrato administrativo de obras de "Reurbanización da rúa Vila de Noia", uns traballos financiados pola Deputación da Coruña con cargo ao Plan de Aforro e Investimento adicional de 2015. A actuación será executada por Lancer Proyectos y Obras SA por un importe de 91.235,46 euros (IVE incluído). O prazo de execución da obra é de tres meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo.

Investiranse máis de 150.000 euros para a mellora de vías no medio rural; o prazo de execución dos traballos é de tres meses

Tamén saíu adiante a adxudicación do contrato administrativo de obras de "Reparación dos viais secundarios nas parroquias de Sísamo e Artes". De novo, a empresa reponsable do proxecto será Lancer Proyectos y Obras SA por un importe de 158.885,41 euros e, tamén neste caso, cun prazo de execución de tres meses. E aprobáronse sendas prórrogas dun ano para os lotes 1 e 2 do contrato administrativo de servizos de "Mantemento das portas automáticas de edificios de titularidade municipal do Concello dE cabrallo e dos edificios xestionados polo Padroado Deportivo Municipal".

Máis de 200.000 euros para a contorna do San Luís Romero

Por último, no apartado de contratación hai que mencionar a aprobación do expediente do contrato administrativo de obras de "Reurbanización da zona do CEIP Xesús San Luís Romero" da capital municipal. O orzamento base de licitación ascende a 221.400,40 euros (IVE incluído). Teranse en conta para adxudicar, ademais do programa de traballo e de actuación medioambiental, a oferta económica e as melloras sen custo adicional.

Para rematar, hai que mencionar que a Xunta de Goberno supuxo a aprobación da programación do proxecto Apego para o último trimestre de 2016, coa celebración de actividades na Ludoteca Municipal, na Biblioteca Rego da Balsa e no Pazo da Cultura. Os interesados e interesadas poden consultar o programa polo miúdo clicando aquí. Ademais, sairon adiante dúas licenzas de obra e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: