Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle un curso da UCGAL sobre...

TERÁ LUGAR OS DÍAS 3, 8, 10, 15 E 17 DE NOVEMBRO NO FÓRUM

Carballo acolle un curso da UCGAL sobre "Atención ao cliente e relacións con provedores. Dereitos e obrigas" de 15 horas de duración

Martes 25 de outubro do 2016

Atención ao cliente e relacións con provedores. Dereitos e obrigas

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) impartirá un curso de formación destinado a comerciantes e hostaleiros no Concello de Carballo. A actividade leva por título "Atención ó cliente e relacións con provedores. Dereitos e obrigas" e ten unha duración de quince horas que se repartirán en cinco xornadas de tres horas cada unha. Aínda que o curso está destinado principalmente a comerciantes e hostaleiros, calquera persoa interesada poderá acceder ó mesmo, sempre e cando queden prazas dispoñibles.

A actividade, gratuíta, terá lugar no Fórum Carballo en sesións de tres horas de duración a partir das 20.00 horas

Os técnicos da UCGAL achegarán aos comerciantes e hostaleiros carballeses formación en aspectos relativos ás relacións cos consumidores así como temas de interese como a contratación, as garantías dos produtos, os servizos financeiros, etc.

Colaborar co tecido socioeconómico

A UCGAL considera que a formación en materia de atención ó cliente contribúe á mellora da calidade dos servizos prestados ás persoas consumidoras e axuda a consolidar a actividade comercial e turística. Así mesmo, a formación en materia de relación con provedores incide positivamente no grao de eficiencia e produtividade de comerciantes e hostaleiros. En definitiva, a formación é unha proposta de valor engadido para o tecido socioeconómico do concello.

A actividade, subvencionada pola Deputación de A Coruña, levarase a cabo os días 3, 8, 10, 15 e 17 de novembro, a partir das 20.00 horas, no Fórum Carballo. Para apuntarse ou pedir máis información, os interesados e interesadas poden chamar ao 981 58 66 96 ou cubrir un formulario na seguinte ligazón web:

Descargas

Compartir: