Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello, a través da área de...

O LUNS 31 ARRINCA O CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

O Concello, a través da área de Promoción Económica e da Bolsa de Traballo organiza un curso de Monitor de Tempo Libre de 350 horas

Venres 28 de outubro do 2016

Fórum Carballo

Fórum Carballo

O Concello de Carballo a través da área de Promoción Economica e da Bolsa de Traballo (BDT) organiza un curso de Monitor/a de Tempo Libre cunha duración de 350 horas. Resulta prioritario programar formación dirixida tanto a emprendedores que desexen mellorar a súa situación laboral actual como aquelas persoas en situación de desemprego que desexen regresar ao mundo laboral ou ben que busquen o seu primeiro emprego. O curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre é unha titulación homologada pola Direción Xeral de Xuventude da Consellería de Benestar Social da Xunta de Galicia válida para o desempeño de dita profesión no territorio galego.

O curso é unha titulación homologada pola Xunta de Galicia válida para o desempeño de dita profesión no territorio galego

A escola de tempo libre encargada de impartir a formación teórica e de colaborar coa Bolsa de Traballo na xestión e organización da prácticas de todo/as aqueles alumnos/as que superen satisfactoriamente a primeira fase (teórica) é a Escola das Utopías. Os cursos de monitoras/es contan cun total de 350 horas de formación; 200 teórico-prácticas e 150 prácticas en entidades do sector sociocultural. Para máis información e inscricións contactar co Fórum Carballo e no 981 709 011.

Comeza o Curso de prevención de riscos

Así mesmo, o luns día 31 de outubro a Bolsa de Traballo (BDT) emprende un curso de formación en Prevención de Riscos Laborais básico na construción de 60 horas de duración. Este curso está formado por 22 alumnos inscritos na BDT (ou en proceso) que teñen un perfil curricular e perspectiva laboral relacionada con esta actividade económica e que posúen unhas destrezas básicas a nivel informático (manexo de correo electrónico, fácil navegación por Internet, descarga de arquivos, etc.).

Trátase dun curso que organiza o Concello a través da BDT e que será impartido pola Fundación Laboral da Construción.  Esta acción formativa tendrá unha duración de 60 horas e a modalidade de impartición será mixta; 20 h. presenciais e 40 h. en teleformación. As clases presenciais impartiránse no Fórum en sesións de tarde os días 31 de outubro e 7, 16 e 23 de novembro en horario de 16.00 a 21.00 h. O alumnado, nestas sesións, recibirá tamén 4 horas presenciais (de 21.00 a 22.00 h.) de información sobre o manexo da plataforma, de titorización sobre dúbidas e preguntas sobre o aplicativo informáticos etc.

Compartir: