Inicio Carballo ao día Hemeroteca O XVI Concurso Escolar de Teatro Lido celebra a...

OS PARTIPANTES OPTAN A 850€ EN LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO

O XVI Concurso Escolar de Teatro Lido celebra a súa final o domingo 6 de novembro no Pazo da Cultura

Venres 4 de novembro do 2016

Final do Concurso Escolar de Teatro Lido 2015

Final do Concurso Escolar de Teatro Lido 2015 (Foto: La Voz de Carballo)

O Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadores do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), celebran a final do XVI Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”, o domingo 6 de novembro ás 18.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura. Un xurado composto por afeccionados e profesionais do teatro, representantes do ensino e de Radio Voz, seleccionaron, despois dunha deliberación entre as gravacións de 30 grupos e arredor de 200 nenos e nenas participantes de colexios da comarca de Bergantiños, os seguintes finalistas:

Primeira categoría (grupos de nenos e nenas de ata 10 anos):

  • A FRAUTISTA DE HAMELÍN, do grupo Faíscas do CPR Artai.
  • O MÓBIL DE ROSALÍA, do grupop Axóuxere do CEIP Fogar.
  • XELA VOLVEUSE VAMPIRA, do grupo Compañía Teatrús do CEIP Canosa-Rus.
  • MUIÑEIRA DE CHANTADA, do grupo Teatro Enrusado do CEIP Canosa-Rus.

Segunda categoría (grupos de nenos e nenas a partir de 11 anos):

  • AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS, do grupo Cabo da Area do CPI  Cabo da Area de Laxe.
  • RAMÓN, do grupo Espantallo do IES Isidro Parga Pondal.

Na final, os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais. Tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores. Os clasificados recibirán premios patrocinados pola Libraría Brañas, valorados en 850 € e canxeables por libros e material didáctico. O acto estará presentado por Caxoto que, ademais de ser o mestre de cerimonias, amenizará a final cunha sesión de contacontos destinado a público familiar.

A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes que ademais recibirán un diploma e un obsequio que poderá ser recollido polos representantes de cada grupo ao finalizar o acto. O XVI Concurso de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” conta co patrocinio de RadioVoz Bergantiños e Libraría Brañas.

Compartir: