Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas reparacións de rúas no...

CONCESIÓN DE DOUS POSTOS DO MERCADO MUNICIPAL

Adxudicadas reparacións de rúas no casco urbano e de viais nas parroquias de Cances, Goiáns e Carballo por máis de 200.000 euros

Luns 7 de novembro do 2016

Cances

Vista da parroquia de Cances

A Xunta de Goberno Local reunida en sesión ordinaria vén de adxudicar obras para a reparación de rúas e vías no municipio por un importe total de 209.972,64 euros. Trátase do contrato de obras de "Reparación de varias rúas no casco urbano de Carballo 2016" incluído no Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación provincial da Coruña para 2016, por un importe de 56.561,89 euros; e do contrato de obras de "Reparación dos viais secundarios nas parroquias de Cances, Goiáns e Carballo" por 153.410,75 euros. Nos dous casos a empresa adxudicataria resultou ser Lancer Proyectos y Obras SA e, tamén nos dous casos, o prazo de execución é de tres meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo.

A reparación de vías en tres parroquias do municipio terá un custo superior aos 150.000 euros e o prazo de execución previsto é de tres meses

Tamén no apartado de adxudicacións aprobáronse dous contratos administrativos especiais para a "Concesión administrativa de postos situados no Mercado Municipal de Carballo", para o posto interior B-23 e para o exterior E-14. No primeiro caso, o posto ten unha superficie de 6,25 metros cadrados e está destinado a peixería; no segundo, o posto ten 25,40 metros cadrados está destinado a produtos non alimentarios ou non perecedoiros. O apartado de contratación pechouse coa aprobación da ampliación do obxecto contractual do contrato administrativo de servizos de "Limpeza de colexios públicos de ensino infantil e primario do Concello de Carballo", co obxecto de engadir a limpeza do CEIP Gándara-Sofán.

Carreira de campo a través

Fóra da orde do día, inluíuse a aprobación dun convenio de colaboración entre o Concello e a entidade Un paso máis para a realización do programa deportivo da asociación; así como a celebración dunha proba deportiva escolar de campo a través en colaboración co Servizo Provincial de Deportes e do Deporte Escolar da Xunta de Galicia prevista para o 30 de novembro de 2016. 

Por último, a sesión supuxo a aprobación dun vao permanente, dunha licenza de obra, de catro proxectos de execución e dunha licenza de parcelación.

Compartir: