Inicio Carballo ao día Hemeroteca Volve a Axober Work Party cunha interesante...

Volve a Axober Work Party cunha interesante charla-café sobre o sector da construción no Fórum Carballo: o 18 de novembro

Xoves 10 de novembro do 2016

Axober Work Party

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) repite formato na segunda edición da Axober Work Party, un espazo de intercambio de experiencias para autónomos e empresas que conta coa colaboración do Concello de Carballo. Nesta ocasión a charla-café xirará arredor da construción, intentando analizar o presente e o futuro do sector en Carballo desde distintos puntos de vista.

A cita é de balde, aínda que por motivos de aforo recoméndase inscrición previa no 981 756 313 ou no enderezo electrónico información@axober.org

Con esta iniciativa, Axober aposta pola continuidade dun ciclo de actividades específicas, periódicas e cun formato semellante, que ten por finalidade abordar cuestións que sexan de especial interese para o sector nun momento de determinado. Trátase dunha experiencia mixta de networking, formación e información, na que cobran especial relevancia o intercambio de experiencias, o asesoramento directo e os contactos persoais. A xornada terá lugar o venres 18 de novembro a partir das 16.30 horas no Fórum Carballo.

Relatores:

  • Tras a entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), un dos aspectos que non podía faltar nun encontro deste tipo é o novo marco urbanístico do municipio de Carballo e as posibilidades de desenvolvemento que ofrece o documento. O arquitecto municipal, Alfredo Garrote Pazos, será o encargado de ofrecer as claves.
  • O sector da promoción inmobiliaria e a construción estará representado por Javier Souto Gago, xerente de Construcciones J. Souto, que ofrecerá o punto de vista empresarial. 
  • Cuestión fundamental á hora de falar de dinamización do sector da construción é o financiamento. Axober Work Party contará coa participación de Eladio Varela Pombo, director do Centro Empresas Negocio Inmobiliario Galicia de La Caixa.
  • E un cuarto apartado que non podiamos deixar de lado é o laboral, tanto para determinar cales son as posibilidades de inserción e que papel xoga e vai xogar a formación de cara ao futuro. A responsable técnica da Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo, Milagros Antelo Cameán, ocuparase destas cuestións.

Aínda que se trata dun acto aberto, por cuestións de organización prégase ás persoas interesadas que se inscriban a través do número de teléfono 981 756 313, do enderezo electrónico <información@axober.org> ou enviando unha mensaxe a través da páxina de Axober en Facebook.

Ligazóns



Galería

Compartir: