Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo celebra un ano máis a Carreira de...

A CITA: O 30 DE NOVEMBRO NO CAMPO DE AS EIROAS

Carballo celebra un ano máis a Carreira de Campo a Través para escolares e convida aos centros de ensino e ás entidades de atletismo do Concello

Mércores 16 de novembro do 2016

Imaxe da carreira celebrada a primeiros de 2016

Imaxe da carreira celebrada a primeiros de 2016

O Concello de Carballo organiza, en colaboración co Servizo Provincial de Deporte da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Atletismo unha Carreira de "Campo a Través", que terá lugar o día 30 de novembro no Campo de Fútbol de As Eiroas situado no Parque Empresarial de Bértoa. A proba é clasificable para a Fase Intercomarcal que se celebrará o sábado 21 de xaneiro de 2017 en Acea da Ma. Nesta cita poden participar nenos e nenas nacidos entre 2002 e 2009, e espérase a participación da meirande parte dos centros de ensino de Educación Infantil e Primaria do Concello, así como dos clubs de atletismo do municipio.

Poden tomar parte rapaces e rapazas nacidos entre 2002 e 2009 e a proba é clasificable para a fase intercomarcal de xaneiro de 2017

Hai que mencionar que as categorías serán benxamín, infantil, alevín e cadete e que a última cita, celebrada en xaneiro de 2016, contou coa participación de máis de 400 nenos e nenas que viviron unha xornada de atletismo e de convivencia nas Eiroas. Pode obterse máis información a través de Carballo Deporte:

Oficinas Carballo Deporte

Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext. 1
<carballodeporte@carballo.org>

Compartir: