Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca o Concurso de postal e cartel...

PRAZO ABERTO ATÉ O 25 DE NOVEMBRO

O Concello convoca o Concurso de postal e cartel de Nadal que selecciona a imaxe para felicitar as festas

Xoves 17 de novembro do 2016

Postal gañadora do Concurso de Nadal 2015

Postal gañadora do Concurso de 2015

O Concello de Carballo convoca, un ano máis, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Marcos Trigo, o tradicional Concurso de Cartel e Postal de Nadal que ten por obxecto seleccionar a tarxeta de felicitación do Concello de Carballo e o cartel que anunciará as vindeiras festas de Nadal. Poderán participar neste concurso todos os nenos e nenas dos centros de ensino do municipio de Carballo que estean cursando Educación Infantil e Primaria.

Poderán participar todos os nenos e nenas dos centros de ensino do municipio de Educación Infantil ou Primaria

Repartiranse 575 euros en premios e ademais o colexio ou entidade do traballo gañador do 1º Premio recibirá 150 euros en material didáctico, e todos os colexios ou entidades participantes recibirán un vale para a compra de material didáctico para a súa biblioteca. Xa está aberto o prazo para presentar os debuxos, que remata o venres 25 de novembro ás 14.00 horas, debendo de realizarse a entrega dos traballos nas oficinas da Concellaría de Cultura situadas no 1º andar do Pazo da Cultura.

+info:
Pazo da Cultura
Rúa do Pan, s/n , 15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300
Fax: 981 704 302
Enderezo electrónico <cultura@carballo.org>.

Descargas

Compartir: