Inicio Carballo ao día Hemeroteca Concesión provisional de...

PRAZO DE 10 DÍAS HÁBILES PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS

Concesión provisional de subvencións destinadas a promoción e fomento do deporte escolar no Concello durante o Curso 2016/2017

Venres 18 de novembro do 2016

As axudas están dirixidas a actividades para nenos/as de Infantil e Primaria

As axudas están dirixidas a actividades para nenos/as de Infantil e Primaria

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Deporte que dirixe Marcos Trigo, fai pública o 18 de novembro de 2016 a concesión provisional de subvencións destinadas a promoción e fomento do deporte escolar no Concello durante o Curso 2016/2017. Financiamento de proxectos de escolas deportivas de base en horario extraescolar nos centros de ensino dirixidas a nenos e nenas que cursan Educación Infantil e Primaria.

Ábrese un prazo de dez días hábiles para que as entidades solicitantes comuniquen, ben o desestimento da socilitude, a reformulación ou cambio de obxecto, ben para, de o estimar oportuno, presentaren alegacións. No caso de non formular desestimento expreso, a subvención considerarase aceptada tacitamente. Resoltas as alegacións, se as houbera, concederanse con carácter definitivo as subvencións en materia de deportes pola Xunta de Goberno Local ou, no seu caso, pola Alcaldía.

Os interesados e interesadas poden consultar a resolución máis abaixo nun documento en PDF.

Descargas

Compartir: