Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinados contratos para a mellora de vías...

O PRAZO DE EXECUCIÓN SERÁ DE TRES MESES

Asinados contratos para a mellora de vías no casco urbano e nas parroquias de Cances, Goiáns e Carballo por máis de 200.000 euros

Xoves 24 de novembro do 2016

Acto de sinatura

Un momento do acto de sinatura

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura de dous contratos de obras para a reparación de rúas e vías no municipio por un importe total de 209.972,64 euros. Trátase do contrato de obras de "Reparación de varias rúas no casco urbano de Carballo 2016" incluído no Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación provincial da Coruña para 2016, por un importe de 56.561,89 euros; e do contrato de obras de "Reparación dos viais secundarios nas parroquias de Cances, Goiáns e Carballo" por 153.410,75 euros.

O importe dedicado para reparacións nas parroquias do rural supón un importe de máis de 150.000 euros

Nos dous casos a empresa adxudicataria resultou ser Lancer Proyectos y Obras SA e, tamén nos dous casos, o prazo de execución é de tres meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo. No acto de sinatura estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e representantes da empresa adxudicataria.

Natureza dos traballos

No caso da reparación de vías en Cances, Goiáns e Carballo, as obras consistirán na reparación das fochas, dos treitos en mal estado das vías secundarias locais, atendendo en primeiro lugar aquelas que presentan máis dano. Consistirán na reparación da superficie procedendo á limpieza do burato, ao seu recheo e á reparación con dobre rega asfáltica sobre firme existente xa pavimentado.ƒ Nas vías con pavimento de formigón, procederase á reparación das fochas con este material. Estas reparacións mellorarán a vía e evitarán que os danos penetren na capa base danando a estructura da mesma, pois nese caso a reparación sería moito máis costosa.

No caso das rúas do casco urbano, as obras consistirán na reparación daquelas vías que xa teñen danos apreciables, tratando de levar a cabo unha labor de mantemento correctivo, reparando aquelas zonas onde o dano aínda non afectou as capas base do firme, realizando un fresado da superficie danada e volvendo a pavimentar a zona afectada, tratando de reparar aquelas zonas que xa teñen a capa de rodadura afectada, antes de que se as fisuras alcancen a capa base do firme.

Compartir: